Ir o contido principal

Presentación do noveno número da revista Quintana

A Facultade de Xeografía e Historia acollerá este venres, 15 de abril, a presentación do noveno número da revista Quintana. O acto terá lugar na sala de profesores do centro, ás 10:45 horas. O reitor da USC, Juan Casares, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e a directora da publicación, María Luisa Sobrino serán os encargados de dar a coñecer os contidos e características do noveno número da revista. Quintana é unha publicación de Historia da Arte que, cunha periodicidade anual, publica traballos orixinais de investigación sobre especialidades relativas ao eido das Artes. O boletín estrutúrase en dúas seccións, a primeira ten un carácter monográfico e o seu contido é planificado de antemán polo comité de redacción; mentres que a segunda está aberta a achegas de temática máis libre. O primeiro número da revista Quintana publicouse no ano 2002.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2011.