Ir o contido principal

Presentación na USC do libro 'Perfiles. Mujeres de la guerra civil española en Cuba'

A Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia acolle este venres, día 9, a presentación do libro Perfiles. Mujeres de la guerra civil española en Cuba, da historiadora e xornalista Nydia Saraiba. O acto, que terá lugar ás 11:30 horas, correrá a cargo da profesora de Historia de América da USC Pilar Cagiao e do catedrático da Universidade de La Habana Sergio Guerra Vilaboy.
A publicación, editada por Edicións Do Castro, rescata historias biográficas de mulleres que marcharon a Cuba tras a guerra civil española, entre as que se atopan tres galegas.
Lydia Sarabia é vicepresidenta da sección cubana da Asociación de Historiadores Latinoamericanos e do Caribe e membro da Unión de Artistas e Escritores de Cuba, de Historiadores e de Periodistas do mesmo país. No seu haber conta coas obras Ana Betancour; Floro Pérez, un revolucionario del 30; Historia de una familia mambisa: Mariana Granjales; Noticias confidenciales sobre Cuba (1870-1895); La patriota del silencio: Carmen Miyares; La Revolución cubana. Un testimonio personal; e María Mantilla, in memoriam.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2007.