Ir o contido principal

A presenza de materias humanísticas en secundaria, a debate na XXV Conferencia de Decanatos de Artes e Humanidades

Participantes na XXV Conferencia de Decanatos de Artes e Humanidades, en Almagro
Participantes na XXV Conferencia de Decanatos de Artes e Humanidades, en Almagro
O profesor e vice decano da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, Gonzalo Fernández, participou no foro de traballo desenvolvido en Almagro

A presenza de materias humanísticas nos distintos cursos de ensino secundaria, a relación existente entre os estudos universitarios humanísticos e o ensino secundario e Bacharelato, o futuro dos estudos humanísticos en modalidade en liña ou as prácticas externas e a empregabilidade nos estudos de Humanidades, constitúen algúns dos aspectos que capitalizaron a distintas sesións de traballo celebradas no marco da XXV Conferencia de Decanatos de Arte e Humanidades de España.

A última edición deste foro, organizado pola Universidade de Castela A Mancha, congregou na vila de Almagro a decanos/as de diferentes centros universitarios e facultades españolas nas que se imparten estudos de artes e humanidades, unha comitiva académica entre a que tamén estivo o vice decano da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez.

As distintas sesións expositivas e debate programadas no marco doa XXV Conferencia de Decanatos de Artes e Humanidades desenvolvéronse en quenda de mañá nas dependencias do Palacio dos Condes de Valparaíso, propiedade da Deputación Provincial de Cidade Real. Xa en quenda de tarde, a delegación académica que tomou parte nesta conferencia tivo a ocasión de realizar unha visita guiada pola vila de Almagro e o seu curral de comedias do século XVII.

Representación académica no curral das comedias do século XVII, en Almagro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2017.