Ir o contido principal

O profesor Rafael Álvaro Millán Calenti, recoñecido coa Cruz distinguida de 1ª clase da Orde de San Raimundo de Peñafort

A distinción é outorgada polo Ministerio de Xustiza
Santiago de Compostela

O profesor da USC Rafael Álvaro Millán Calenti profesor de Dereito Mercantil e de Dereito da Empresa na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, acaba de ser galardoado coa Cruz distinguida de 1ª clase da Orde de San Raimundo de Peñafort, outorgada polo Ministerio de Xustiza.

Esta condecoración premia os servizos prestados polos funcionarios da Administración de Xustiza, os membros das profesións directamente relacionadas con ela e cantos contribuísen ao desenvolvemento do Dereito, ao estudo dos Sacros Canons e das Escrituras e á obra lexislativa e de organización do Estado. Tamén se premia con ela os autores de publicacións de carácter xurídico de relevante importancia e os fundadores e cooperadores de entidades ou institucións que teñan por finalidade o perfeccionamento da técnica do Dereito e a Xurisprudencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2023.