Ir o contido principal

Os profesores da USC Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco presentan este venres en Allariz a triloxía Valente Vital

Os profesores da USC na Facultade de Humanidades do campus de Lugo Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco presentarán este venres a triloxía Valente Vital en Allariz no marco do Festival Internacional de Poesía Poemagosto. A poeta luguesa Olga Novo acompañará, a partir das 11.30 horas, neste recital conxunto.

Ademais do recital, o tamén director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer, aproveitará a súa participación neste evento para presentar ensaio biográfico integral composto por mil cincocentas páxinas en tres volumes sobre a vida e a produción do universal poeta ourensán: Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford), Valente vital (Ginebra, Saboya, París) e Valente vital (Magreb, Israel, Almería). Esta obra foi elaborada cun equipo conformado polos investigadores Marta Agudo, Manuel Fernández Rodríguez, Tera Blanco de Saracho, María Lopo, Fernando García Lara e Claudio Rodríguez Fer, coordinador do proxecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2018.