Ir o contido principal

Publicada a primeira listaxe de persoas admitidas, en agarda e excluídas para mestrado universitario

Imaxe de arquivo de estudantado. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de estudantado. FOTO: Santi Alvite
O prazo de matrícula e confirmación de listas de agarda esténdese entre o 30 de xullo e o 1 de agosto

Xa pode consultarse a primeira listaxe de persoas admitidas, en agarda e excluídas para mestrado universitario. O estado das solicitudes pode consultarse a través da secretaría virtual, estendéndose o prazo de matrícula e confirmación de listas de agarda entre o 30 de xullo e o 1 agosto.

Unha vez dentro da Secretaría Virtual, as persoas usuarias deberán acceder ao apartado Máster ou Máster Profesorado dentro das opcións do bloque de admisión para confirmar o seu desexo de continuar en lista de agarda ou para realizar a matrícula no mestrado que foron convocados.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2025.