Publicada a proclamación provisional de candidatas a reitora
A definitiva coñecerase o vindeiro venres, 19 de decembro
A Comisión Electoral Central vén de publicar a proclamación provisional de candidatas a reitora da Universidade de Santiago. Ábrese este venres e ata o día 16 un prazo de recurso contra esta proclamación, que rematará coa definitiva o vindeiro 19 de decembro.
Esta resolución así como toda a documentación relativa a este proceso pode consultarse aquí:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/participacion/eleccions-reitora-2026