Os máis recoñecidos científicos no campo dos materiais reúnense nun congreso na USC
A Universidade de Santiago acolle esta semana o oitavo workshop on Interfaces, que cada tres anos se desenvolve en Santiago e que nesta ocasión o organiza o Imperial College de Londres e o Instituto de Cerámica da USC. As sesións se desenvolverán integramente ata o 1 de xullo na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. As interfaces desempeñan un papel crucial nas diferentes áreas da ciencia de materiais tales como interconexións metálicas nos semicondutores, a adhesión das escalas de óxido en substratos metálicos, revestimentos de barreira térmica, materiais compostos, a unión entre os metais a granel e a cerámica e os biomateriais. Son, por tanto, de gran interese para relacionar a microestrutura dos interfaces das súas propiedades, e cada vez é máis recoñecido que as novas aplicacións requiren de funcións e propiedades que non se logran con materiais monolíticos. No encontro, centrado na fronteira entre os materiais sintéticos e naturais, interveñen cincuenta dos máis recoñecidos científicos na materia procedentes de Reino Unido, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Israel e Xapón.