Recoñecidos expertos internacionais analizan o luns en Santiago a ciencia xeográfica
‘Pasado, presente e futuro da Ciencia Xeográfica’ é o título da mesa redonda na que o luns, día 22, ás 17:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, participarán recoñecidos xeógrafos do ámbito internacional.
A mesa formarana os doutores John Naylon, da Universidade de Keele; Patrick O´Flanagan, da University College Cork; Lorenzo López Trigal, da Univesidade de León; Joao Sarmento, do Minho; e María Pilar de Torres Luna e Carlos Ferrás Sexto, da Universidade de Santiago.
A estes expertos ofréceselles a posibilidade de debater sobre o estado desta ciencia logo de teren formado parte esa mesma mañá do tribunal avaliador da tese de doutoramento de José Carlos Macía Arce titulada ‘Sociedad de la información en la Europa Atlántica. Análisis de casos en Galicia e Irlanda (ca.1990-2000)’.