Ir o contido principal

Récord de inscricións no obradoiro de HTML5 organizado por investigadores do CiTIUS

Récord de inscricións no obradoiro de HTML5 organizado por investigadores do CiTIUS
Récord de inscricións no obradoiro de HTML5 organizado por investigadores do CiTIUS

As aulas de informática da Escola Técnica Superior de Enxeñaría acolleron este venres a segunda sesión do curso sobre HTML5 organizado polos investigadores do CiTIUS Eduardo Sánchez Vila e Alberto Bugarín Diz e impartido pola empresa tecnolóxica TeslaTechnologies fundada por titulados en Enxeñaría Informática da USC. O curso, dirixido a alumnado dos distintos másters ou graos da área TIC, superou todas as previsións dos seus organizadores ao superarse a cota das 40 prazas ofertadas. O seu obxectivo é fixar unha serie de conceptos esenciais para aprehender unha base axeitada sobre a que construír proxectos de maior complexidade. Algúns destes conceptos xiran en torno ao acceso e mantemento de datos off-line, a xestión de información de xeolocalización utilizando o dispositivo GPS do móbil, a integración de audio e vídeo, a creación de animacións básicas 2D ou o desenvolvemento de elementos HTML5 con JavaScript e CSS3.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2013.