A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC organiza unha xornada dedicada á bioinformática
A Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida organiza o luns 4 en Santiago un workshop sobre Bioinformática, que abordará cuestións como a bioinformática estrutural, o modelado biolóxico e a minería de datos bioinformáticos. A cita, na Aula Magna da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago, está incluída nunha serie de encontros que organizan este rede de Centros de Campus Vida, CIMUS, CIQUS e CITIUS. No evento científico intervirán especialistas e investigadores dos tres centros singulares de investigación da USC así como das universidades de Oxford e de Oviedo. Precisamente será o experto de Oxford, Mark Sansom, o encargado de pronunciar a conferencia de apertura, ás 10.00 horas.