Ir o contido principal

Reflexionan en Ciencias da Educación sobre os recursos educativos en galego e o labor (des)normalizador da educación

Reflexionan en Ciencias da Educación sobre os recursos educativos en galego e o labor (des)normalizador da educación. Foto: Santi Alvite
Reflexionan en Ciencias da Educación sobre os recursos educativos en galego e o labor (des)normalizador da educación. Foto: Santi Alvite
Nunhas xornadas a desenvolver os días 29 e 30 de outubro
Santiago de Compostela

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación desenvolve estes días dúas xornadas sobre o labor normalizador e desnormalizador da educación en Galicia e sobre os recursos tecnolóxicos educativos en galego.

Nas Xornadas ‘Educación e linguas en Galicia’, que xa van pola súa oitava edición, trataranse cuestións relacionadas co neofalantismo na mocidade, o Tratamento Integrado de Linguas dende o galego como ferramenta normalizadora, as implicacións para o ensino e a transmisión da lingua da situación do galego nos medios e nas tecnoloxías, a wikipedia como ferramenta normalizadora no ensino secundario e a experiencia ‘21 días co galego’. Serán os días 29 e 30 na Facultade (Campus Sur).

Recursos educativos

Pola súa banda, a xornada sobre os recursos educativos, dedicada desta volta á tecnoloxía, pretende ser un espazo en que difundir e analizar os recursos existentes en galego, promover a creación doutros novos adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas da comunidade educativa galega e, finalmente, difundir experiencias.

Deste xeito, o xoves 30 na sede do Campus Norte, haberá relatorios sobre o potencial da wikipedia e sobre o galego no videoxogo.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2025.