Ir o contido principal

O reitor preside este xoves a graduación da V promoción do Máster de Enxeñaría Ambiental

O reitor Juan Casares presidiu a sesión
O reitor Juan Casares presidiu a sesión
O acto ten lugar na ETSE a partir das 17:00 horas

A quinta promoción do Máster de Enxeñaría Ambiental celebrou o xoves xoves 24 o seu acto de graduación nun acto que presidiu o reitor Juan Casaresno salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Tras a foto oficial da promoción, o reitor abriu a quenda de intervencións. A continuación, dirixíronse tamén aos presentes –por esta orde- Víctor Domarco, en nome dos alumnos; a profesora Almudena Hospicio, en calidade de madriña da promoción; o coordinador do máster, Francisco Omil; o director da ETSE, Juan Manuel Lema e o subdirector de Dominio Público Hidráulico, Juan Carlos Argüello. Tras a entrega dos diplomas, pechou o acto o reitor, Juan Casares Long.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2011.