Ir o contido principal

Remata o ciclo de cinema independente organizado pola asociación universitaria 'Evohé'

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acolle esta semana un ciclo sobre o cinema independente dos Estados Unidos organizado pola asociación universitaria ‘Evohé’.
Este venres, día 26, remata o ciclo co filme ‘Last days’ onde o director Gus Van Sant se inspirou libremente na vida do popular líder de Nirvana, Kurt Cobain, para contar os últimos días dun músico que finalmente se suicida. Neste caso a proxección variará a súa hora habitual e pasará a ser ás 18:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.01.2007.