Ir o contido principal

Remata a semana USC en Transición coa entrega de premios a Calidade do Ceo e á Bolsa de Aula Verde da Bal y Gay

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela clausura este venres 11 a Semana USC en Transición co acto de entrega de premios no que recoñecerán o esforzo do programa Calidade do Ceo e da Bolsa de Aula verde da Residencia Universitaria luguesa Bal y Gay. Será ás 12.00 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Previamente, ás 10.30 horas tamén na Escola, celebrarase o Día Europeo da Enerxía cunha charla sobre renovables, un obradoiro de cociña solar e unha visita ás instalacións enerxéticas da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2012.