Ir o contido principal

A residencia Monte da Condesa conciencia sobre as plantas medicinais en Galicia

Dar a coñecer as plantas medicinais de Galicia e concienciar da súa importante conservación é a finalidade da exposición que ata o vindeiro 26 de xaneiro se pode visitar no hall de entrada da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
‘As plantas medicinais e os seus usos’, organizada polo Grupo de Estudo de Animais Salvaxes da Facultade de Bioloxía da USC, componse de varios paneis onde se amosan mostras de plantas recollidas en fragas de Galicia coa explicación das súas características, zonas nas que se atopa, usos domésticos e nome científico, entre outras cuestións.
O Grupo de Estudos de Animais Salvaxes está composto por preto de sesenta persoas, entre eles estudantes e licenciados da Facultade de Bioloxía, que, ademais destas actividades, organizan cursos de formación e editan, dende hai xa catro anos, a revista Hiotis.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.01.2007.