Ir o contido principal

Rexistro e control horario na xornada de traballo, a análise o 28 de setembro nun foro en Relacións Laborais

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A inscrición nesta actividade é de balde e o prazo permanece aberto ata o día 27

O rexistro e o control horario na xornada de traballo, a xurisprudencia existente ao respecto desta cuestión, así como a problemática vencellada á xornada laboral e as actuacións desenvolvidas pola Inspección de Traballo nesta materia centran a temática dun programa monográfico que se desenvolverá o vindeiro mércores 28 de setembro na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra da USC.

O programa ‘Rexistro e control horario na xornada de traballo’, organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais, a Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo e Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, pretende ser un foro acaído para analizar a xurisprudencia, os criterios da Inspección de Traballo e a problemática que atopan na práctica os axente sociais no que atinxe á regulación da xornada laboral. A inscrición para participar nesta xornada é de balde e o prazo permanece aberto ata o 27 de setembro nas sedes das entidades organizadoras. O maxistrado da Sala do Social do TSXG Fernando Lousada Arochena abrirá a quenda de relatorios deste programa, que se desenvolverá en quenda de mañá, e no que tamén intervirán como relatores distintos representantes sindicais, así como o xefe provincial de Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo, Nicolás González Raposo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2016.