Ir o contido principal

O seminario de doutoramento en Educación profundou na investigación educativa e a innovación na sociedade dos algoritmos

O seminario contou coa participación de estudantado de doutoramento
A conferencia de clausura impartiuna o profesor Fernando M. Reimers
Nesta xornada participou estudantado de doutoramento que se atopa nunha fase avanzada da elaboración da súa tese
Santiago de Compostela

A nova edición do seminario de Doutoramento en Educación abordou a innovación educativa e a innovación na sociedade dos algoritmos organizado polo grupo de investigación Esculca.

No desenvolvemento desta sesión que debateu e reflexionou sobre diversas temáticas clave na investigación educativa, participaron estudantes de doutoramento que se atopan nunha fase avanzada da elaboración da súa tese, favorecendo así o intercambio de ideas e resultados de investigación. Igualmente, o seminario fomenta o diálogo académico a promove a reflexión crítica sobre diversos enfoques metodolóxicos e a construción de redes entre especialistas no ámbito educativo para futuras colaboracións académicas.

A profesora Ana María Porto Castro, da USC, impartiu a conferencia inaugural centrada na súa experiencia na coordinación do Programa de Doutoramento en Educación, mentres que a conferencia de clausura foi a cargo do profesor Fernando M. Reimers, da Harvard University, quen afondou no papel da innovación na universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2025.