Sinatura do convenio de financiamento da actividade do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía de Lugo
O convenio de colaboración para o financiamento das actividades do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) de Lugo será asinado o vindeiro luns, día 29, ás 11:00 horas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado.
Ao acto acudirán como asinantes deste acordo o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro; o presidente da Caixa Rural Galega, José María Pardo; o secretario xeral da Confederación Empresarial Luguesa, Jaime Luis López Váquez, e o presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, Alfredo H. Mosteirín Castañer.
Coa sinatura deste acordo os organismos implicados renovarán o convenio que xa fora asinado por primeira vez en xullo do ano 1995.