Ir o contido principal

A Universidade de Santiago celebra este mércores o Día das Letras Galegas cun acto literario

A Universidade de Santiago celebrará o Día das Letras Galegas este mércores, día 14, cun acto literario que, presidido polo vicerreitor de Cultura, Elías Torres, terá lugar a partir das 12:00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.
Logo da intervención do director do Departamento de Filoloxía Galega, Xosé Luís Regueira, o profesor Anxo Tarrío Varela, en calidade de coordinador da obra, será o encargado de presentar o volume Xosé María Álvarez Blázquez. Día das Letras Galegas 2008 co que a institución compostelá lle rende homenaxe ao escritor galego. A quenda de intervencións proseguirá coa participación das fillas e fillos do homenaxeado.
A Orquestra de Cámara Galega interpretará deseguido a estrea absoluta de ‘Por carantoña unha flor’, para voz e piano, de Roxelio Groba. O vicerreitor Elías Torres será o encargado da clausura oficial do acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2008.