Ir o contido principal

Por unhas universidades visibles, vivas, valentes e comprometidas coa paz

Unha estudante camiña polas escaleiras enfronte da Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite
Unha estudante camiña polas escaleiras enfronte da Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite
A USC adhírese ao manifesto da Rede de Universidades pola Diversidade (RUD)
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela adhírese un ano máis ao manifesto ‘Por unhas universidades visibles, vivas, valentes e comprometidas coa paz’ da Rede de Universidades pola Diversidade (RUD). Nel reafírmase o compromiso “cunha universidade pública, crítica, segura e orgullosamente diversa. Unha universidade que non só tolera a diferenza, senón que a celebra, a protexe e a recoñece como motor de xustiza social, coñecemento transformador e paz entre os pobos”. Reivindícase así unha universidade “onde todas as persoas poidan ser, vivir e aprender sen medo. Unha universidade que abrace a diversidade de corpos, xéneros, afectos, familias, orixes, linguas e capacidades”.

A RUD celebra ademais os 20 anos “de amor insurrecto, ese que desafiou leis, prexuízos e estruturas que negaban un dereito; un amor que transforma estruturas sociais porque se declara libre e orgulloso. A aprobación do matrimonio igualitario en España non foi só unha vitoria legal, senón froito da mobilización incansable do movemento LGTBIQA+ que logrou converter unha demanda concreta nunha causa colectiva, popular e profundamente transformadora”. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2025.