A USC acadou cinco primeiro postos nas competicións do X Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos
A Universidade de Santiago acadou cinco primeiros postos no X Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos disputado este mércores en Santiago coa participación de equipos das tres universidades galegas. As disciplinas comprendidas neste campionato foran as de baloncesto, balonmán, fútbol sala e voleibol, todas elas nas modalidades masculina e feminina, así como fútbol masculino e fútbol 7 feminino.
A institución compostelá acadou a vitoria absoluta en baloncesto masculino, fútbol, e en fútbol sala e voleibol feminino e voleibol masculino. A estes primeiros postos súmase a prata lograda en baloncesto feminino, balonmán masculino e fútbol 7. Finalmente, o equipo de fútbol sala masculino rematou a competición en terceiro lugar.
Pola súa banda, a Universidade de Vigo logrou tres primeiros postos e seis segundos. A institución viguesa venceu nas dúas modalidades de baloncesto e en balonmán feminino e fíxose coa prata en Baloncesto masculino, fútbol, e en fútbol sala e voleibol, tanto masculino como feminino.
Dous primeiros, un segundo e sete terceiras posicións son o balance da Universidade da Coruña, única con representación en todas as competicións disputadas. Os equipos de fútbol 7 e fútbol sala masculino coruñeses fixéronse coa vitoria nos seus respectivos enfrontamentos, mentres que o de balonmán feminino rematou segundo. Os terceiros postos logrados correspóndense coas competicións de baloncesto, tanto masculino como feminino, balonmán masculino, fútbol, fútbol sala mulleres e nas dúas modalidades de voleibol.