Ir o contido principal

A USC acolle o primeiro foro internacional de intercambio de experiencias sobre tratamento de augas residuais

A USC acolle o primeiro foro internacional de intercambio de experiencias sobre tratamento de augas residuais
A USC acolle o primeiro foro internacional de intercambio de experiencias sobre tratamento de augas residuais

Máis de 200 especialistas procedentes de universidades, centros de investigación e empresas de 20 países de Europa, Norteamérica, Latinoamérica, África e Asia danse cita esta semana na Escola Técnica Superior de Enxeñaría para asistir á Conferencia internacional en ‘Ecotechnologies for Wastewater Treatment 2012’, foro único de intercambio de experiencias na temática do tratamento de augas residuais. O evento, auspiciado pola International Water Association (IWA) e organizado polo grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC, foi concibido tamén como conferencia de clausura do proxecto singular NOVEDAR-Consolider para o ‘Deseño da Planta de Tratamento de Augas do século XXI’ que coordinou a USC co patrocinio de Abengoa Water, Aqualia, Aquology e Augas de Galicia. Na primeira xornada presentáronse tecnoloxías innovadoras que permiten operacións máis económicas e enerxeticamente máis favorables e analizáronse equipamentos que melloran a aireación e o aproveitamento enerxético nas plantas de tratamento. Este mércores estudarase a eliminación de microcontaminantes e de gases de efecto invernadoiro e funcionamento integral das instalacións, con conferencias plenarias a cargo do profesor José Porro, de Malcom Pirnie (USA), e o profesor Manel Poch, da Universidade de Girona.

En todas as intervencións queda constancia que no deseño e operación de novas tecnoloxías para o tratamento de augas residuais hai que ter en conta, ademais da eficacia, aspectos de grande importancia como a economía, as emisións gasosas, microcontaminantes ou consumos enerxéticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2012.