A USC obtén o segundo posto no Campionato autonómico universitario de Orientación

No Campionato autonómico universitario de Orientación o equipo da USC ascendeu ao segundo chanzo do podio cun total de 390,40 puntos. Ignacio Fernández Blanco alcanzou a prata na categoría masculina e Concepción González Bello obtivo a mellor clasificación na feminina ao alcanzar a cuarta posición.
Na modalidade feminina por parte da USC tamén participaron Paula Viñas Trabazos (5º posto), María Fernández Pumar (6º), Marta Abad Gomariz, Laura Alfaya Fiaño e Uxía Rey Borrega. Na modalidade masculina integraron a listaxe da USC Alejandro Victorero Domínguez (6º), Pelayo García Acevedo (7º), Eugenio Anselmo Rodríguez Núñez (8º), Antón Rivas Román (12º), Óscar Victorero Domínguez (13º), Emilio José Lence Quintana (14º), Aarón Díaz Pérez e Jaime Lanzarote Echevarría Fernández.