Ir o contido principal

A USC organiza un acto académico en honra ao profesorado e persoal universitarios represaliados en 1936

A Universidade de Santiago organiza a vindeira semana un acto académico para honrar a memoria do profesorado e persoal da USC represaliados como consecuencia dos procesos depuradores postos en marcha en 1936.
A homenaxe celebrarase o mércores, día 14, ás 12:00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, e consistirá nunha intervención de autoridades académicas e representantes dos profesores apartados. Ademais, na mesma sesión entregaráselle aos familiares dos homenaxeados un recordo conmemorativo.
Os procesos depuradores provocaron un apartamento definitivo da docencia, o exilio e, en moitos casos, supuxo unha irreparable perda para a institución universitaria ao excluír un capital humano e científico de gran potencialidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2007.