Ir o contido principal

A USC recibirá da Administración autonómica 5,2 millóns de euros para a contratación de profesorado axudante doutor

Esta achega económica está destinada a sufragar parte da cobertura das 53 prazas que lle corresponden á Universidade compostelá

A Universidade de Santiago de Compostela recibirá da Administración autonómica máis de 5 millóns de euros para sufragar parte da contratación de 53 profesores/as axudantes doutores/as, segundo informaron este mércores aos conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, aos reitores das tres universidades galegas.

Tal e como explicaron os representantes da Xunta, o Goberno galego inxectará ás tres universidades públicas galegas máis de 16M€ para facer fronte á contratación de 166 profesores axudantes doutores. Segundo o establecido, a Universidade de Vigo deberá convocar 64 prazas e a da Coruña 49. Todas elas terán que as ter creadas antes do fin do curso 2027-2028.

O acordo, que consolida un gasto adicional de 7M€ ao ano a partir de 2031 para as universidades públicas, materializarase na sinatura dun convenio entre a Xunta, as universidades e o Ministerio. 
 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2024.