Visita da Comisión Asesora Externa do IPsiUS
A pasada semana a Comisión Asesora Externa visitou o IPsiUS para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido ao longo de 2025.
Membros da Comisión Asesora reuníronse coa dirección do IPsiUS e cos responsables das diferentes unidades organizativas para compartir ideas, valoracións e adiantar propostas de mellora, recomendación que se valoran de grande utilidade para seguir avanzando e fortalecendo o labor investigador e formativo do Instituto.
De xeito presencial ou telemático participaron nas sesións de traballo os seguintes membros da Comisión Asesora Externa:
- María Teresa Bajo, catedrática del departamento de Psicología Experimental, Universidad de Granada.
- Leandro S. Almeida, Profesor emérito de la Escola de Psicologia da Universidade do Minho (Braga, Portugal).
- Esther López Zafra, catedrática del departamento de Psicología de la Universidad de Jaén.
- Marina Muñoz Rivas, catedrática del departamento de Psicología Biológica y de la Salud de la Universidad Autónoma de Madrid.
- Luis García-Larrea, Director de Investigación en el Centro de Investigación en Neurociencias de Lyon (Francia).