Ir o contido principal

Un novo volume do Servizo de Publicacións da USC contribúe á consolidación da lingüística galega

De esquerda á dereita: Francisco Cidrás, Antonio Azaustre, Gabriel Rei-Doval, Rosario Álvarez e Juan Blanco
De esquerda á dereita: Francisco Cidrás, Antonio Azaustre, Gabriel Rei-Doval, Rosario Álvarez e Juan Blanco
Presentouse no ILG o libro 'A lingüística galega desde alén mar'

A biblioteca do Instituto da Lingua Galega (ILG) acolleu este mércores a presentación do libro A lingüística galega desde alén mar. No acto participaron a directora do ILG, Rosario Álvarez; o director do Departamento de Filoloxía Galega da USC, Francisco Cidrás; e o coordinador da edición e profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, Gabriel Rei-Doval. Asistiron ademais o director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre, e o director do mesmo servizo, Juan Blanco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.01.2010.