A XII Promoción de Relacións Laborais de Lugo celebra o seu acto de graduación
A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, será a madriña
A décimo segunda promoción de diplomados da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo celebra este venres 5 de xuño, ás 18:00 horas no Salón de Actos do centro, o acto académico da súa graduación.
Á entrega de diplomas e imposición de insignias aos novos titulados asistirá a madriña da promoción, a conselleira de Traballo, Beatriz Mato Otero. No acto, a Fundación Campus Universitario de Lugo e o Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo darán o recoñecemento ao mellor expediente académico á alumna Natalia Chao González.