Ir o contido principal

O XX Coloquio de Historia da Educación remata este venres en Monforte cun foro sobre identidade, universalismo e pacifismo

Autoridades que participaron na inauguración do XX Coloquio de Historia da Educación, en Monforte
Autoridades que participaron na inauguración do XX Coloquio de Historia da Educación, en Monforte
Uns 150 investigadores de universidades españolas e estranxeiras abordan desde o martes neste foro na Ribeira Sacra temas transversais no eido dos sistemas educativos
Lugo, Santiago de Compostela

O XX Coloquio de Historia da Educación, un foro científico internacional promovido polas tres universidades galegas en colaboración coa Sociedade Española de Historia da Educación (Sedhe) e universidades de Florencia, Lisboa e Santa Catalina do Sul (Brasil), ademais doutras entidades científicas de España, Portugal, Brasil, Italia, Mexico, Arxentina, Uruguay, Colombia, entre outros países, chega este venres ao seu remate, logo de catro xornadas de análise e debate sobre cuestións transversais na educación como o son as identidades o internacionalismo e o pacifismo nas que tomaron parte máis de 150 persoas.

A posta en valor da educación con ferramenta chave cara acadar unha sociedade máis igualitaria e progresista, ademais de constituír un factor esencial a prol do cambio social é unha das ideas omnipresentes en cada unha das sesións deste XX Coloquio de Historia da Eduación, tal e como salientou o presidente de la Sociedad Española de Historia de la Educación, o catedrático da USC Eugenio Otero Urtaza, na apertura deste congreso. Na sesión inaugural deste foro tamén participaron a vicerreitora de Comunicación e Cultura da USC, Mar Lorenzo; a vicerrectora do campus de Ourense, Esther de Blas; o catedrático da Universidade da Coruña Narciso de Gabriel; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo; Pilar García Porto; o alcalde de Monforte, José Tomé, e Xosé Manuel Cid, en calidade de presidente dun congreso que chegará este venres ao seu remate no Ies Daviña Rey de Monforte de Lemos.

A celebración na Ribeira Sacra do XX Coloquio de Historia da Educación, un foro científico de periodicidade bienal e carácter monográfico, cuxa temática de edicións anteriores xirou arredor de cuestións relacionadas co tratamento na educación de imaxes, discursos e textos; xenealoxoía e desenvolvemento do sistema educativo liberal trala Constitución de Cádiz, arte e oficio de ensinar, educación inclusiva..., supón a segunda vez que evento de avance e difusión científica no campo da historia da educación recala en Galicia, logo de que Santiago de Compostela acollera a edición de 1990 dun foro que xa percorreu boa parte das universidades españolas desde a súa posta en marcha en 1982.

O programa desta edición abrangue un amplo abano temático, ao tempo que permite recuperar para a actualidade a fonda tradición escolar que de sempre caracterizou a cidade do Cabe, dado que Monforte de Lemos foi a sede da maioría das sesións de traballo previstas, agás as programadas este xoves en Ourense. Así, logo de catro xornadas intensas, este foro chegará ao seu colofón este venres cun coloquio centrado en conxugar identidade, universalismo e pacifismo na evolución dos sistemas educativos, tralo que se celebrará a asemblea da Sociedade Española de Historia da Educación.

Congresistas participantes

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.12.2019.