Ir o contido principal

Actualidade

Novos bríos para a Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo

A renovada directiva do alumnado sénior do Campus de Lugo, presidida por Cristina Pérez, busca máis interacción coa institución académica para complementar a oferta existente e dinamizar a “socialización” dun colectivo de arredor de 200 persoas, que atopan na nova coral universitaria dirixida por Bruno Villamayor unha nova alternativa de lecer

Ler máis

A Comisión de Patrimonio dos Campus da USC potenciará a posta en valor do patrimonio da institución

A Xerencia impulsa a creación desta comisión, que se encargará de poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico, histórico-artístico e social dos campus de Santiago de Compostela e Lugo. O profesor emérito Ramón Villares, quen fora reitor da USC, preside un grupo de expertos e expertas historiadores/as, enxeñeiros/as, economistas e especialistas en edafoloxía e botánica

Ler máis