Skip to main content
  • USC

Retratos en movemento. A representación das identidades de xénero a partir da Colección CGAC

Cartel- retratos en movemento
Cartel- retratos en movemento
Organizado pola Comisión de Actividades Culturais, Igualdade e Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia

Dende o 18 de novembro e ata o 19 de decembro o 1º andar da Facultade de Xeografía e Historia amosará cinco vídeos de temática feminista procedentes da colección CGAC, a través dos cales se busca establecer un contrapunto á galería de retratos de Directores da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago que flanquean a Aula 10.  

Os vídeos acompañaránse dun ciclo de tres conferencias (Aula 10 e Teams - https://bit.ly/3CrbAdA) que permitirán tanto contextualizar ditos retratos, como presentar outras prácticas artísticas feministas e mesmo conversar con dúas das artistas a elas vencelladas. 

The contents of this page were updated on 11.18.2021.