ESF é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común.
Mulleres Tecnólogas polo Ben Común é un programa para valorizar e visibilizar a presenza de mulleres no eido tecnolóxico.
Programa Mulleres Tecnólogas polo Ben Común
O seu obxectivo é dar a coñecer en centros de ensino secundario o papel das mulleres tecnólogas desde o enfoque da teccnoloxía para o ben común, baseado en valores de cooperación, participación cidadá, sustentabilidade, enfoque a grupos vulnerabilizados...
As persoas voluntarias integraríanse en ESF e recibirían unha formación sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos antes de comezar o voluntariado. Cando menos organizarían un faladoiro ao ano.
- Horario: flexible, acordado co resto do grupo.
- Prazas: 4 alumnas de carreiras tecnolóxicas.
Voluntariado en acceso a servizos básicos e tecnoloxía para o ben común
Trátase de participar nos grupos de acceso a servizos básicos con base de tecnoloxía para o ben común, que están a realizar distintas actividades (investigación cidadá, faladoiros en centros de secundaria e tamén entornos non formais, campañas en redes sociais...). Os grupos a elexir (ou ou varios) son:
- dereito á auga e saneamento.
- dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria.
- enerxía e cambio climático.
- tecnoloxía de baixo custo para a inclusión (de persoas con problemas de mobilidade, de percepción...).
- Horario: 1 reunión de grupo cada 2 meses aproximadamente.
- Prazas: 3 persoas por grupo.