Skip to main content
Convocatoria 2024-25 para a mobilidade de estudantes de Grao e Máster superiores a 60ECTS a universidades socias coas que a USC conta con convenios bilaterais
Co-financiado pola UE

A USC convoca prazas de mobilidade para estudos de grao, dobre grao ou máster superiores a 60 ECTS en universidades de países extracomunitarios ao abeiro dos convenios bilaterais subscritos con elas. A finalidade do programa é ofrecer ao estudantado da USC a posibilidade de realizar estudos, durante un ou dous semestres, plenamente recoñecidos pola USC que pasarán a formar parte do expediente académico do estudantado. 

As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria e para a súa tramitación pode pedirse asesoramento aos/ás Responsables Académicos/as de Mobilidade (RAM) de cada centro.

E-mail de contacto: bilateral.exchange [at] usc.gal

The contents of this page were updated on 05.03.2024.