A USC convoca prazas de mobilidade para estudos de grao, dobre grao ou máster superiores a 60 ECTS en universidades de países extracomunitarios ao abeiro dos convenios bilaterais subscritos con elas. A finalidade do programa é ofrecer ao estudantado da USC a posibilidade de realizar estudos, durante un ou dous semestres, plenamente recoñecidos pola USC que pasarán a formar parte do expediente académico do estudantado.
As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria e para a súa tramitación pode pedirse asesoramento aos/ás Responsables Académicos/as de Mobilidade (RAM) de cada centro.
E-mail de contacto: bilateral.exchange [at] usc.gal
O estudantado seleccionado para o programa de mobilidade por convenio bilateral está exento do pagamento de taxas académicas na institución de acollida (matrícula, inscrición, exames, uso de laboratorios, bibliotecas etc.), aínda que esta pode esixir o pagamento doutras taxas reducidas para cubrir os custos do seguro, a afiliación a sindicatos de estudantes e/ou o uso de materiais diversos, tales como fotocopias, produtos de laboratorio, etc., nas mesmas condicións que o estudantado propio desa institución. Tamén pode esixir a contratación dun determinado seguro de saúde.
Duración
As persoas seleccionadas para o intercambio realizarán a mobilidade no período que corresponda ao primeiro semestre, segundo semestre ou curso completo 2023-2024 da USC, sempre segundo as datas marcadas polo calendario da universidade de destino.
O comezo das clases nas distintas universidades dependerá do seu calendario académico específico e non se aceptará a incorporación á universidade de destino en data posterior á sinalada.
O estudantado que teña concedida unha praza semestral para realizar o intercambio no primeiro semestre
da USC poderá solicitar unha ampliación de estadía ao seguinte semestre na mesma universidade de acollida.
Solicitude
A solicitude debe facerse a través da Secretaría Virtual do estudantado (Expedientes > Intercambio > Convenio Bilateral 2024/25) entre o 25 Xaneiro e o 18 de Febreiro de 2024.
Unha vez finalizada a solicitude, a aplicación non permite volver acceder aos datos, polo que se durante o prazo de solicitudes o estudantado quere realizar algunha corrección ou modificación, deberá abrir unha nova solicitude. Terase como válida a última solicitude concluída correctamente na aplicación informática antes do fin do prazo de solicitudes.
Aceptacións e renuncias
Prazo 5 días hábiles contados desde o día seguinte á data súa publicación da asignación provisional de
destinos.
- Estudantado matriculado na USC no curso 2023/24 nun título oficial de grao, nun programa de simultaneidade (dobre grao) ou nun máster de máis de 60 ECTS na mesma titulación para a que solicita a mobilidade.
- O estudantado de grao terá que ter superado o 15% dos créditos da súa titulación, con data 31/10/2022, non entrando no cómputo os créditos superados no curso 2022-2023.
- O período de estudos no estranxeiro deberá formar parte integral do programa de estudos do centro de orixe.
- Serán excluídas de oficio as candidaturas do estudantado que, resultando seleccionado en anteriores convocatorias de programas de mobilidade, non presentase a súa aceptación ou renuncia no prazo e forma debidos, ou que presentase renuncia fóra de prazo sen causa xustificada.
- Os requisitos xerais para participar nesta convocatoria deberán posuírse no momento que expire o prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o período de mobilidade.
- A aceptación dunha praza para o programa de mobilidade por acordo bilateral implica a renuncia a seguir participando noutras convocatorias que se puidesen ter publicado de xeito paralelo.
Selección de destinos
É responsabilidade do estudantado examinar a oferta académica das universidades da súa preferencia e facer unha escolla acorde á súa titulación e perfil académico, comprobando nos Anexos I e II a listaxe de universidades ofertadas.
Algunhas universidades aplican tamén restricións de prazas por áreas de coñecemento ou segundo o convenio coa USC. Estes requisitos deberán ser comprobados polo estudantado antes de facer a escolla de destinos.
Deben seleccionarse 10 universidades en orde de preferencia. No caso de que sexan menos as institucións desexadas, deberá repetirse o último destino seleccionado ata chegar ás 10.
O alumnado deberá reunirse co/a RAM do seu centro na USC para revisar a escolla de universidades e materias e recibir asesoramento antes de completar a solicitude.
Finalizado o prazo de solicitudes, non se poderá cambiar os destinos ou a orde dos mesmos e non haberá listaxes de agarda nin reasignacións de destinos nas vacantes producidas por renuncias.
Destinos con requisito lingüístico:
No caso de solicitar destinos con requisito lingüístico o estudantado deberá cargar na aplicación informática a documentación requirida na convocatoria ou será excluído para os destinos con ese requisito.
Universidades suízas:
Ademais de todo o anterior, no caso do Anexo II referido ás universidades suízas, só pode optar ás prazas o estudantado dos centros especificados no mesmo; as prazas son para áreas de estudo concretas.
Asignación de destinos
O proceso de asignación de destinos será competencia da Oficina de Mobilidade e a adxudicación da praza por parte da USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino, que se reserva a potestade de admisión.
A Oficina de Mobilidade publicará na sede electrónica da USC a listaxe de persoas admitidas e excluídas, xunto cos destinos asignados e a posibilidade de asignación de bolsa Erasmus+ aos 40 mellores expedientes.
Nos Anexos I e II consta o número total de prazas ofertadas en cada universidade de destino, especificando límites por titulacións nalgúns casos.
Os destinos serán asignados en base aos solicitados polo/a estudante e por estrita orde de media académica.
A Oficina de Mobilidade non asignará unha praza alternativa ao estudantado que fose rexeitado por unha universidade de acollida por non existir nela a súa titulación ou por restricións expresas desa titulación para o intercambio.
A mobilidade por convenio bilateral non leva aparellado financiamento por defecto, pero o estudantado seleccionado para este programa de mobilidade poderá optar a bolsas que contribúan a financiar a súa mobilidade a países extracomunitarios, tanto as convocadas pola USC como as que puidera convocar o goberno autonómico ou outros organismos, de ser o caso.
Axudas propias da USC e relación coas mobilidades Erasmus+
A USC concederá 40 bolsas de mobilidade financiadas con fondos do programa Erasmus+, polo que as persoas beneficiarias quedarán suxeitas á regulación europea que rexe ditas bolsas.
A asignación das bolsas farase en función da cualificación media do expediente académico (media simple non penalizada) entre o alumnado que obteña destino na asignación definitiva e acepte a súa praza segundo o procedemento indicado.
Ao estar financiadas por fondos europeos, as persoas bolseiras deberán cumprir os mesmos requisitos e aportar a mesma documentación que para os programas Erasmus+, así como aterse aos períodos máximos de mobilidade do programa en cada nivel educativo (máximo de 24 meses nas titulacións de grao en Medicina, Odontoloxía, Farmacia e Veterinaria e de 12 meses no resto de titulacións impartidas pola USC), segundo se contén na convocatoria.
Convocatoria e anexos
Ligazón ao Taboleiro Electrónico: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124874/carga.htm
Resolucións
Resolución listaxe provisional destinos Convenio Bilateral 2024/25: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (07/03/2024)
Resolución listaxe definitiva destinos Convenio Bilateral 2024/25: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125663/carga.htm (19/03/2024)
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal