Skip to main content
Axudas económicas para apoiar o desenvolvemento de actividades culturais e físico-deportivas que nazan no ámbito da poboación estudantil universitaria

Co ánimo de fomentar a iniciativa cultural e deportiva do estudantado da USC, a vicerreitoría de Estudantes e Cultura en colaboración coa Área Deportiva considera acaído abrir unha liña de axudas económicas para apoiar o desenvolvemento de actividades culturais e físico-deportivas que nazan no ámbito da poboación estudantil universitaria.

O obxecto desta convocatoria é abrir unha liña de axudas para apoiar actividades físico-deportivas e culturais organizadas a iniciativa do estudantado da USC e establecer as condicións necesarias para a súa execución e xustificación.

Esta convocatoria preséntase en réxime de concorrencia non competitiva cun prazo que permanecerá aberto desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro electrónico da USC ata o 15 de outubro de 2024 ou ata que se esgote a totalidade do crédito orzamentario.

The contents of this page were updated on 11.08.2024.