Compañía de Teatro da USC. Campus de Santiago de Compostela
A compañía de teatro da USC vén traballando desde o ano 1990. Como o resto da actividade da Aula de Teatro o seu traballo ten unha vertente principalmente pedagóxica.
Acceso: para acceder á compañía é preciso, como acontece coa escola de teatro, presentarse a unhas probas que se convocan na primeira quincena do mes de setembro. Nestas probas non só se avalían capacidades escénicas senón tamén o interese e obxectivos da persoa que se presenta, polo que nas probas, ademais de levar adiante unha serie de exercicios é importante a entrevista que se realiza.
- As probas de acceso terán lugar os días 23, 24 e 25 de setembro de 2024 na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida) a partir das 18.00 horas.
Períodos: a compañía divide o seu traballo en dous períodos:
- Montaxe (outubro/decembro)
- Xira (febreiro/abril).
Ensaios: na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.
Requisitos: non é preciso ter experiencia escénica previa.
Recoñecemento de créditos: o traballo (interpretación e dirección) na compañía ten o recoñecemento de 6 créditos ECTS (todas as titulacións de grao da USC)
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es