A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais
![Imaxe do cartel Imaxe do cartel](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/event/2024-10/imaxe_12.png?itok=hqLvlDjI)
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais.
O 5 de decembro, en quendas de 10.45 a 11.45 e de 12.15 a 13.30 horas, o estudantado da materia Socioloxía da Educación da Facultade de Ciencias da Educación, nunha actividade coordinada polo profesor Jorge García Marín, realizará unha visita á exposición no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca para facer unha discusión crítica desde unha perspectiva da socioloxía.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
![Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/imaxe/2024-11/a0-cartaz-i-emotions-afectos-dixitais-def_red_12.png?itok=4Nv7-h5s)