Skip to main content
  • USC

Recollida de produtos para Valencia

Recollida de alimentos e produtos esenciais para as vítimas da DANA, 7 e 8 de novembro, 10.00h-13.00h e 15.00h-19.00h, Aula2, Facultade de Veterinaria.
Recollida de produtos para Valencia
Recollida de alimentos e produtos esenciais para as vítimas da DANA

Recollida de PRODUTOS ESENCIAIS E ALIMENTOS que NON NECESITEN REFRIXERACIÓN para as persoas afectadas pola DANA.

É URXENTE:
- Alimentos para DIETAS ESPECIAIS: baixos en sal, sen glute, sen lactosa, para diabéticos, ...
- Para BEBÉS: leite de fórmula, potitos, biberóns, cueiros, toallitas, auga de mineralización baixa.

Ademais, NECESÍTASE:
- Produtos de HIXIENE: máscaras, luvas resistentes (de fregar), bolsas de lixo XXL, toallitas, compresas, ...
- Produtos de DESINFECCIÓN: BOTAS DE AUGA, lixivia, balletas, escobas (cerdas duras), fregonas, ...
- Pensos para ANIMAIS de todos os tipos (gatos, cans, coellos, cabalos, ...)
- ALIMENTOS que non necesiten ser refrixerados ou quentados previo ao consumo: leite, conservas (legumes e verduras), friame, froitos secos/deshidratados, bricks de puré, cremas, ...

Habilítase unha COMUNIDADE de WHATSAPP (QR) para compartir a información relativa ás necesidades de alimentos e posibles novas fechas de doazón, cun grupo específico para as persoas interesadas en facer VOLUNTARIADO para recoller, catalogar e transportar (ao Centro Díaz Castro) os produtos. 

The contents of this page were updated on 11.05.2024.