A inscrición pode realizarse desde o 5 de febreiro ata unha semana antes do inicio de cada módulo. No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.
Módulo 1 - Laboratorio sonoro: técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras
Este obradoiro ofrece unha introdución práctica e creativa ao manexo de software de edición de audio e procesamento de efectos. Aprenderás a gravar, editar e manipular sons para crear paisaxes e composicións sonoras. Exploraremos ferramentas como Reaper e plugins de efectos, mentres desenvolves proxectos reais que combinen técnica e creatividade. Non se require experiencia previa, só ganas de aprender e experimentar co mundo acústico.
Relator: Arturo Vaquero
Datas:
- 14 de febreiro de 16.00 a 21.00 horas
- 16 de febreiro de 9.00 a 14:00 horas
Módulo 2 - Sementando videoarte
Dende as interseccións artísticas que a xeran -linguaxe cinematográfica, plástica, escrita, sonora…- achegámonos á videoarte na experimentación de formatos, técnicas e ferramentas que permitan un coñecemento xeral dos prantexamentos teóricos e prácticos do medio.
O módulo aborda etapas creativas -dende a preprodución até a postprodución- que posibilitan a realización dunha peza videoartística alén dos sistemas de produción tradicionais, e acompaña os procesos individuais de creación dunha peza de videoarte.
Relatora: Carmen Granxeiro
Datas:
- 21 de febreiro de 16.00 a 21.00 horas
- 23 de febreiro de 9.00 a 14.00 horas
Módulo 3 - Cine de guerrilla: crea cine sen límites
Relator: Bruno Máez
Datas:
- Vernes 14 de marzo de 17.00 a 19.00 horas
- Sábado 15 de marzo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Queres facer cine, pero cres necesitas grandes presupostos e equipos custosos? Pensa outra vez! Neste curso de Cine de Guerrilla, descubrirás como a creatividade e a paixón son as túas maiores ferramentas para contar historias poderosas.
Aprenderás a producir películas de baixo orzamento utilizando recursos accesibles, localizacións e técnicas innovadoras que desafían as normas do cine tradicional. Desde a ideal inicial ata a edición final, este curso levarate por todas as etapas da produción cinematográfica, explorando como planificar, rodar e finalizar proxectos como os que tes á túa disposición.
Converteraste nun creador multidisciplinario, asumindo roles como guionista, director, camarógrafo, editor e incluso promotor da túa obra. E ao mellor o teu proxecto final será unha curtametraxe independente que poderás presentar en festivais e plataformas nacionais e internacionais.
Este curso non é soamente unha clase, é un desafío. É para quen quere romper as regras, crear co que teñen e contar historias que ninguén máis se atreve a contar. Se estás listo para facer cine sen límites, este é o teu momento.
Calendario:
Venres, de 17.00 a 19.00 horas
- Preprodución
- Fundamentos do cine
- Fundamentos do guión cinematográfico
Sábado, de 10.00 a 14.00 horas
- Preprodución
- Selección do guión e redacción do guión técnico e plan de rodaxe
- Produción:
- Base teórica da produción cinematográfica
- Rodaxe
Sábado, de 16.00 a 20.00 horas
- Produción
- Rodaxe
- Post-produción
- Edición da curtametraxe
- Edición da curtametraxe e coordinación exhibición
Matrícula
Inscrición desde o 5 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa.
No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.
Prazas: 14 persoas
Prezos:
1) Por módulo:
- Taxa xeral: 60 euros
- Comunidade universitaria: 30 euros
2) Todos os módulos:
- Taxa xeral: 150 euros
- Taxa comunidade universitaria: 70 euros
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es