Skip to main content

Continuación de estudos e recoñecemento de créditos en titulacións de Grao

Para continuar estudos en titulacións de Grao o estudantado deberá ter recoñecidos como mínimo 30 ECTS na titulación na que solicite cursar estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A Facultade de Bioloxía ten establecido un límite de prazas para continuación de estudios que para o Grao en Bioloxía é de 10 prazas e para o Grao en Biotecnoloxía de 5 prazas.

Na USC a normativa de recoñecemento está recollida no Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela.

A USC ten establecido un procedemento de consulta previa do expediente. No artigo 6.3 do Regulamento mencionado anteriormente se indica:  A consulta previa será obrigatoria naqueles supostos en que o acceso á universidade precise do recoñecemento dun mínimo de créditos en aplicación da normativa de acceso e/ou continuación de estudos.

 

Por outra banda, para o estudantado matriculado nos Graos, existe a posibilidade de recoñecemento de créditos pola realización de actividades (culturais, deportivas de representación estudantil, solidarias e de cooperación, así como académicas complementarias organizadas pola USC).  Asemade, tamén poderán ser obxecto de recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao a realización de actividades que impliquen a adquisición de competencias transversais que acrediten a adquisición de competencias informacionais, o coñecemento de lingua galega, linguas estranxeiras …). O recoñecemento de actividades universitarias ou de competencias transversais aplicarase a créditos optativos co límite máximo total de 12 créditos ECTS en conxunto

The contents of this page were updated on 03.03.2025.