Pasar al contenido principal

O ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’ achega 485 estudantes de ensino secundario á Facultade de Ciencias

O ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’ achega 485 estudantes de ensino secundario á Facultade de Ciencias
O ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’ achega 485 estudantes de ensino secundario á Facultade de Ciencias
Alumnos de 4º curso de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo abriu este xoves a primeira quenda de visitas da nova edición do ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de...
Lugo

Alumnos de 4º curso de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo abriu este xoves a primeira quenda de visitas da nova edición do ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal da Facultade de Ciencias do Campus Terra coa pretensión de achegar a súa oferta docente ao alumnado preniversitario.

 

 

Logo dun breve acto de benvida, guiado polo decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga López e os coordinadores do grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais e do grao en Nutrición Humana e Dietética, o persoal do centro universitario lugués conduciu diferentes sesións prácticas nos laboratorios da Facultade, onde os estudantes puideron realizar os seus propios experimentos.

 

 

Ata o 23 de xaneiro, este ciclo terá como protagonistas aos alumnos de ensino secundario do IES Anxel Fole, IES Sanxillao, IES A Pinguela de Monforte, IES Gregorio Fernández de Sarria, CPI Ramón Piñeiro de Láncara, Colexio San José, CPI de Castroverde, Colexio Padres Franciscanos, IES Xoan Montes, Colexio Divino Maestro e Colexio Maristas-A Inmaculada. As actividades desenvolveranse en quenda de mañá, de 10:00 a 13:30 horas, e o centro agarda recibir a preto de medio milleiro de estudantes preuniversitarios.

 

Como nas pasadas edicións, e debido a gran demanda por parte dos colexios e institutos, foi necesario ampliar as datas de celebración deste ciclo. Así, entre o 20 e 23 de maio tamén visitarán a Facultade alumnos do Colexio María Auxiliadora e do IES Lucus Augusti.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.