Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS de Ciencias da Saúde. Unha das formas de retorno do valor xerado pola investigación á sociedade é a transferencia dos resultados obtidos polos grupos de investigación ao sistema produtivo. A transferencia de tecnoloxía converteuse nestes últimos anos nunha cuestión prioritaria para os países da UE por iso, e importante que os investigadores coñezan ben este proceso e o incorporen a súa actividade diaria. O primeiro paso para a transferencia debe dirixirse a protección dos resultados de investigación, para obter uns dereitos en exclusiva que nos permitan decidir quen e como pode utilizalos. O segundo paso sería conseguir que o coñecemento protexido sexa interesante para o sector produtivo. Para iso, precísase que os resultados acadados se valoricen e evolucionen ata un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese ás empresas. O terceiro paso iría dirixido a atopar unha empresa que estea interesada en probar a nosa tecnoloxía ou, directamente, en explotala. Nesta actividade formativa afondaremos en todos estes pasos necesarios para que un resultado de investigación chegue a mercado, utilizando exemplos de resultados relacionados coas ciencias da saúde.
Localización
Santiago
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 10
Horas de trabajo: 8
Total: 18
Matrícula en la actividad
10/04/2025 - 21/04/2025
Desarrollo de la actividad
25/04/2025 - 06/06/2025
Profesor/a
Fernando Rafael Pardo Seco
Profesor/a
Laura Quintana Gomez
Profesor/a
Montserrat Camiña Tato
Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
---|---|---|---|
Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 25 de abril, 09 de maio, 16 de maio, 23 de maio e 06 de xuño 2025 | de 9:30 a 11:30 h |
- Coñecer os dereitos de protección intelectual e industrial, centrándonos nas patentes, tanto como forma de protección como de fonte de información tecnolóxica, legal e comercial.
- Repasar os programas de valorización de resultados, para que serven e que financian
- Coñecer os tipos de acordos para a transferencia e explotación dos resultados
I.- Información xeral
Propiedade Intelectual e Industrial.
O sistema de patentes
II.- As patentes
Requirimentos de patentabilidade.
Apartados e comprensión dos contidos dunha patente
Procuras en bases de datos de patentes.
III.- Coñecementos específicos
Lexislación para patentes en biotecnoloxía
A protección do software
IV.- A valorización dos resultados de investigación e a transferencia de tecnoloxía
Programas de valorización de resultados
MTA, Acordo de Primeira Opción e Licenzas
Montserrat Camiña Tato
Doutora en Medicina pola Universitat Autònoma de Barcelona e Máster en Innovación e Desenvolvemento Económico pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), traballa desde fai sete anos na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC protexendo e transferindo resultados, que xorden dos grupos de investigación, no ámbito da biotecnoloxía.
Fernando R. Pardo Seco
Doutor en Electrónica e Informática pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou durante 9 anos na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC levando a xestión e transferencia de resultados de I+D nos ámbitos da enxañaría, informática e electrónica. Actualmente é profesor axudante doutor no departamento de electrónica e computación.
Laura Quintana Gómez
Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Sheffield (Reino Unido), Máster en Enxeñaría dos Procesos Industriais pola Universidade Complutense de Madrid e Graduada en ADE pola UNED. Actualmente traballa na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC protexendo e transferindo resultados de investigacións nos ámbitos da enxeñaría, física e informática.