Pasar al contenido principal

Órganos do Sistema de Garantía da Calidade

RCC

Director da EDIUS

Son función do director ou directora do EDIUS no tocante á política de calidade:

  • Definir a planificación estratéxica da EDIUS, concretada a través do Plan Estratéxico e a Memoria de Calidade
  • Propoñer os membros que elaborarán o Plan Estratéxico.
  • Comprometerse coa política e obxectivos de calidade da EDIUS, dándolles a difusión oportuna entre os grupos de interese.
  • Liderar o desenvolvemento, a implantación, revisión e mellora do SGC da EDIUS.
  • Nomear ao responsable de calidade da EDIUS, sempre que o director ou directora non asuma as competencias. 
  • Propoñer ao Comité de Dirección para a súa aprobación a composición da Comisión de Calidade da EDIUS. 
  • Garantir o bo funcionamento do SGC do escola. 
  • Informar a todas as persoas da EDIUS do SGC e dos cambios que nel se realicen.
  • Garantir que todas as persoas da EDIUS teñan acceso aos documentos do SGC que lles sexan de aplicación.
  • Informar ao Comité de Dirección dos traballos e acordos da Comisión de Calidade da EDIUS. 
  • Presentar ao Comité de Dirección, para a súa aprobación, a Memoria de Calidade da Escola.

Comisión de Calidade

Pablo Taboada Antelo. Director da EDIUS

María Isabel Neira Gómez. Secretaria da EDIUS

Dolores Vilavedra Fernández. Subdirectora de Artes e Humanidades

Eva Rodil Rodríguez. Subdirectora de Ciencias e Enxeñarías

José Manuel Cifuentes Martínez. Subdirector de Ciencias da Saúde

José Miguel Túñez López. Subdirector de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinadores dos programas de doutoramento adscritos á EDIUS

SECCIÓN ARTES E HUMANIDADES:

Margarita Estévez Saa
Juan Monterroso Montero

SECCIÓN CIENCIAS E ENXEÑARÍAS:

José Ángel Fernández Escribano
Alberto Rodríguez Casal

SECCIÓN CIENCIAS DA SAÚDE:

Agustín Montes Martínez
Ángel García Alonso

SECCIÓN CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS:

Isabel Fraga Carou
Ana María Porto Castro

Estudantado matriculado nos programas de doutoramento adscritos á EDIUS

Miguel Guisantes Alonso. Sección Artes e Humanidades
María do Carme Pacín Salvador. Sección Ciencias e Enxeñarías
Alba Paz Castro. Sección Ciencias da Saúde
Álvaro Lorenzo Rey. Sección Ciencias Sociais e Xurídicas

Carolina López Gómez. Persoal de Administración e Servizos

As funcións principais da Comisión de Calidade da EDIUS son:

  • Realizar a implantación, o seguimento e mellora do SGC da EDIUS.
  • Elaborar a Política de Calidade da EDIUS, que deberá ser ratificada polo director.
  • Elaborar a memoria de calidade da EDIUS.
  • Elaborar o manual de boas prácticas da EDIUS
  • Fomentar a realización e o seguimento periódico do plan de melloras anual da EDIUS.
  • Estimular a participación de todos os colectivos implicados na avaliación e mellora da calidade dos programas de doutoramento.
  • Realizar o seguimento dos resultados da EDIUS.
  • Informar a modificación dos procedementos existentes da EDIUS ou a creación doutros novos.
  • Propoñer ao equipo de dirección a información que debe ser pública.
  • Revisar as novas propostas de Programas, e as modificacións e extensións da oferta actual.
  • Informar favorablemente, ou propoñer modificacións ése o caso, dos informes de resultados ou seguimento e acreditación elaborados polas comisións académicas dos programas de doutoramento.