Pasar al contenido principal

Actualidad

XuvenCiencia abre a preinscrición no seu Campus de Verán, que se celebrará en Lugo do 2 ao 8 de xullo

A undécima edición do campamento de divulgación científica do grupo XuvenCiencia da USC ofrece 95 prazas para participar en 16 proxectos, ademais dun amplo programa de lecer que inclúe obradoiros de saúde emocional, artes escénicas, Desing Thinking, videocreación, cuantificación de gases e visitas culturais pola cidade de Lugo, así como a centros sanitarios e a empresas tecnolóxicas agroalimentarias

Leer más

O Campus Terra da USC amosa a súa oferta formativa e o seu potencial a prol da economía circular no Tour do Talento

A II Feira de Emprendedores de Lugo congregou na Praza da Horta do Seminario centos de estudantes preuniversitarios e público en xeral, nunha xornada na que participaron numerosos docentes e investigadores da sede universitaria luguesa, ademais do vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a delegada do Reitor para o Campus Terra da USC, Elvira López Mosquera

Leer más

Novos bríos para a Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo

A renovada directiva do alumnado sénior do Campus de Lugo, presidida por Cristina Pérez, busca máis interacción coa institución académica para complementar a oferta existente e dinamizar a “socialización” dun colectivo de arredor de 200 persoas, que atopan na nova coral universitaria dirixida por Bruno Villamayor unha nova alternativa de lecer

Leer más