A Cátedra Valle-Inclán da USC creouse en marzo do 2002 co obxectivo inicial de apoiar á tarefa de investigación, actividades e proxectos que ven realizando desde 1994 o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS), Pero, asemade, a Cátedra desenvolve as súas propias iniciativas, que amplían e completan as propiciadas polo GIVIUS, se ben todas conflúen no común propósito de potenciar os estudos valleinclanianos e dálos a coñecer á comunidade científica. A tal fin impulsa un "Seminario Permanente", que celébrase ao longo do ano académico e ten unha finalidade formativa. Este seminario, impartido por especialistas na obra do escritor galego (ata agora foron invitados 22 profesores de universidades e centros de investigación nacionais e extranxeiros) proporciona aos seus participantes a oportunidade de debater e traballar con recoñecidos valleinclanistas cuestións relativas á figura e obra de Ramón del Valle-Inclán. Por outra parte, púxose en marcha unha colección literaria propia “Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán”, adscrita ao Servizo de Publicacións da USC. A finalidade desta colección é servir de canle á difusión universitaria da investigación en torno á figura e obra do escritor. Ata actualidade leva publicados 11 volumes, catro deles conteñen manuscritos inéditos de Ramón del Valle-Inclán, que forman parte do Legado dos manuscritos orixinais do escritor, depositados na USC por mor dun Convenio coa familia Valle-i Inclán Alsina, que tamén asinou no 2018 un novo convenio que permitiu trasladar a USC a Biblioteca persoal de Valle-Inclán. Na mesma líña de difusión da investigación valleinclaniana, coedita coa Temple University desde 2001 o "Anuario Valle-Inclán", issue 3 de ALEC (Society of Spanish and Spanish-American Studies), incluida no Web of Arts and Humanities Citation Index. A Cátedra Valle-Inclán ten organizados, igualmente, congresos e ciclos de conferencias internacionais, así como exposicións adicadas ao escritor galego (2008, 2009. 2011, 2014 e 2016) e ten prevista una nova para o 2021), en colaboración con outros organismos e institucións galegos, nacionais e foráneos.
Directora: Margarita Santos Zas