Os usuarios dos sistemas e aplicacións corporativas da USC poden trocar as súas chaves de paso a través da aplicación dispoñible en https://contrasinal.usc.gal
IMPORTANTE: Como consecuencia do troco da chave de paso pódese producir o bloqueo da conta do usuario. Isto é debido a que as aplicacións e/ou o sistema operativo poden lembrar a chave para reconectar automaticamente algúns recursos, polo que a anterior segue en uso. Este bloqueo durará 15 minutos e, transcorrido ese tempo, o sistema o eliminará de xeito automático.
Para previr este este problema recomendamos pechar todas sesións abertas nos equipos e nas aplicacións e intentalo de novo unha vez teña revisado a fondo as configuracións e teña transcorrido o devandito tempo de bloqueo.
Especialmente, lembre tamén revisar a configuración da rede sen fíos nos seus dispositivos portátiles antes de trocar a chave.
Se vostede inicia sesión en equipos Windows dentro da rede da USC coa súa conta institucional pode empregar este método alternativo:
- Prema ao mesmo tempo as teclas CTRL, ALT e SUPR.
- Prema no botón "Cambiar Contraseña" no menú que se mostrará ocupando todo o escritorio.