Sala de Formación do Edificio CACTUS Lugo
O programa coordinado e impartido por Fernando Rafael Pardo comeza o 29 de abril na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. A inscrición está aberta en liña

O Campus Terra da USC achega formación a alumnado de grao e mestrado, así como a persoal docente e investigador, sobre edición de documentos e presentacións en LaTeX a través dun curso coordinado por Fernando Rafael Pardo Seco que comezará a impartirse o 29 de abril, a partir das 10.00 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. A inscrición deste módulo formativo, cuxas sesións se estenderán ata o 6 de maio, está aberta en liña.
O programa do curso ofrece formación eminentemente práctica en distintas sesións nas que traballarán en paralelo os contidos teóricos coa realización de documentos e presentacións empregando LaTeX. As clases proporcionarán coñecementos básicos para que o alumnado poida ser autónomo trala realización da formación.