Pasar al contenido principal

Obradoiro sobre as posibilidades de cultivo do sabugueiro en Galicia

30.09.2024 | 09.00h-20.30h

Os métodos de cultivo e propagación desta especie, así como os seus usos e propiedades centran a temática deste obradorio, para o que está aberta a inscrición

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite

As posibilidades do cultivo do sabugueiro en Galicia centran a temática dun curso promovido ao abeiro do plan formativo do Campus Terra da USC que se desenvolverá o 30 de setembro, a partir das 9.00 horas e en quenda de mañá e tarde, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC. A inscrición permanece aberta en liña.

O programa, coordinado polo profesor Julián García Berrios, ofrece 30 prazas e está dirixido a alumnado, docentes e axentes do sector produtivo. Intervirán como relatores neste programa varios docentes e investigadores, tales como Eva González Pérez, Nelson Alonso, Santiago Lamosa Quinteiro, Martín Barrasa Rioja, Julián García Berrios ou Paula Fajardo Bernárdez.

O programa do curso comezará cunha sesión introdutoria respecto das posibilidades do cultivo do sabugueiro así como sobre os métodos de propagación, para logo afondar nos criterios que se deben seguir para deseñar novas plantacións, así como respecto do manexo do seu cultivo. As propiedades do sabugueiro e as súas producións, así como os usos e elaboracións de produtos derivados e a viabilidade técnica, económica, social e ambiental deste tipo de plantacións completan os contidos do obradoiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.09.2024.