Pasar al contenido principal

Permanencia e baixas

Dedicación

A matrícula será, por defecto, con dedicación a tempo completo. Poderase solicitar o cambio de dedicación a condición de que se xustifique a existencia dalgún dos motivos regulados no artigo 18. Dita solicitude deberá facerse nos períodos comúns de matrícula. En caso de querer manter esa dedicación no seguinte curso académico, deberase realizar unha nova solicitude de cambio de dedicación, xa que, en caso de non facelo, a dedicación en cada curso académico volverá a ser a tempo completo.

Todas as solicitudes de cambio de dedicación serán avaliadas pola CAPD.

A dedicación a tempo parcial poderase solicitar, fóra destes prazos comúns de matrícula, de forma excepcional e motivada cando a causa que motiva o cambio de dedicación iniciouse con posterioridade ao último período común de matrícula. Esta solicitude dirixirase directamente á Comisión Académica do programa.

A autorización concedida pola CAPD correspondente trasladarase ao expediente do alumno no que se indicará o novo prazo límite establecido para a defensa da tese.

Permanencia

O cómputo do tempo de permanencia nos estudos de doutoramento contarase desde a primeira matrícula no doutoramento ata a presentación da solicitude de defensa da tese.

Tendo en conta que un doutorando/a pode estar a tempo completo ou a tempo parcial, imos distinguir entre:

  • Tempo transcorrido, que son os meses naturais desde a primeira matrícula.
     
  • Tempo de dedicación = (tempo transcorrido a tempo completo) x 1 + (tempo transcorrido a tempo parcial) x 0,6.

O tempo de dedicación coincide co tempo transcorrido cando o doutorando/a está sempre a tempo completo, e multiplícase por 0,6 no caso de dedicación sempre a tempo parcial.

Permanencia mínima nos estudos de doutoramento

A normativa establece que o tempo de permanencia mínimo nos estudos de doutoramento é de 18 meses de tempo de dedicación. É dicir, 18 meses naturais a tempo completo ou 30 meses naturais a tempo parcial.

Permanencia máxima nos estudos de doutoramento

A normativa establece que o tempo de permanencia máximo nos estudos de doutoramento é de 36 meses de tempo de dedicación. É dicir, 36 meses naturais a tempo completo e de 60 meses naturais a tempo parcial.

Casos alternancia de tipos de dedicación

No caso de ter, dentro dos 36 primeiros meses de dedicación, tempos de dedicación completa e parcial, os tempos máximos e mínimos de permanencia calcularanse aplicándolles o factor de corrección do 0,6 aos tempos en dedicación a tempo parcial.

O cómputo do tempo de permanencia nos estudos de doutoramento contarase desde a primeira matrícula no doutoramento ata a presentación da solicitude de defensa da tese.

Tendo en conta que un doutorando/a pode estar a tempo completo ou a tempo parcial, imos distinguir entre:

  • Tempo transcorrido, que son os meses naturais desde a primeira matrícula.
     
  • Tempo de dedicación = (tempo transcorrido a tempo completo) x 1 + (tempo transcorrido a tempo parcial) x 0,57.
     
  • Tempo de dedicación para as persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual o superior ao 33% = (tempo transcorrido a tempo completo) x 1 + (tempo transcorrido a tempo parcial) x 0,67.

O tempo de dedicación coincide co tempo transcorrido cando o doutorando/a está sempre a tempo completo, e multiplícase por 0,57 (ou un factor de corrección do 0,67 para as as persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual o superior ao 33%) no caso de dedicación sempre a tempo parcial.

Permanencia mínima nos estudos de doutoramento

A normativa establece que o tempo de permanencia mínimo nos estudos de doutoramento é de 18 meses de tempo de dedicación. É dicir, 18 meses naturais a tempo completo ou 30 meses naturais a tempo parcial.

Permanencia máxima nos estudos de doutoramento

A normativa establece que o tempo de permanencia máximo nos estudos de doutoramento é de 48 meses de tempo de dedicación. É dicir, 48 meses naturais a tempo completo e de 84 meses naturais a tempo parcial.

Casos alternancia de tipos de dedicación

No caso de ter, dentro dos 48 primeiros meses de dedicación, tempos de dedicación completa e parcial, os tempos máximos e mínimos de permanencia calcularanse aplicándolles o factor de corrección do 0,57 (ou un factor de corrección do 0,67 para as as persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual o superior ao 33%) aos tempos en dedicación a tempo parcial.

Prórroga

Unha vez consumido o tempo de dedicación máximo, o doutorando/a pode solicitar unha primeira prórroga, que se calcularía en meses naturais do seguinte xeito:

Prórroga = 12/36 x tempo completo + 24/60 x tempo parcial.

Deste xeito un doutorando/a que estivo sempre a tempo completo corresponderíalle unha prórroga de 12 meses naturais. Se estivo sempre a tempo parcial correspóndenlle 24 meses. E por último no caso de doutorandos con distintos tipos de dedicación nos 36 meses iniciais do tempo de dedicación corresponderíalle o resultado da fórmula anterior.

Durante os períodos de prórroga non afectará o tipo de dedicación, completa ou parcial, á nova data límite de permanencia nos estudos de doutoramento resultado da concesión da prórroga.

Unha vez finalizado o prazo concedido da primeira prórroga, existe a posibilidade excepcional de solicitar unha segunda prórroga, que sería en calquera caso de 12 meses naturais, independentemente do tipo de dedicación (completa ou parcial) que teña o alumno, e tamén independente de se realiza un cambio de dedicación nese período.

Pode consultar os prazos para solicitudes de prórroga a través da seguinte ligazón.

Unha vez consumido o tempo de dedicación máximo, o doutorando/a pode solicitar unha única prórroga de 12 meses naturais.

Durante os períodos de prórroga non afectará o tipo de dedicación, completa ou parcial, á nova data límite de permanencia nos estudos de doutoramento resultado da concesión da prórroga.

Baixas

Distínguense dous tipos de baixa temporal, que non se computarán para os efectos do tempo mínimo e máximo de permanencia nos estudos de doutoramento:

  1. Por razóns de enfermidade, embarazo ou calquera outra causa prevista na normativa laboral vixente: As peticións deberán ser solicitadas a través da Secretaría Virtual e acreditadas documentalmente. A duración da baixa será determinada pola causa da mesma.
     
  2. A petición propia: O doutorando/a poderá solicitar un máximo de de 6 períodos de baixa, tendo en conta que o cómputo total no que unha persoa doutoranda pode estar de baixa non pode exceder os 24 meses naturais. A solicitude deberá estar avalada pola directora ou director da tese e realizarse durante o período de tutela académica, agás circunstancias excepcionais debidamente xustificadas. Enténdese por período de tutela académica, exclusivamente para os efectos de baixas temporais a petición propia, o período de realización da tese que non comprende os períodos de prórrogas.
     
  • Non se terán en consideración as baixas que se soliciten cando resten menos de tres meses para a data límite de presentación da tese.
     
  • Non se poderá solicitar este tipo de baixa antes de ter a lo menos aprobado un plan de investigación e formación pola CAPD. Calquera tipo de baixa temporal non exime da obrigatoriedade de matricularse e aboar as correspondentes taxas.

As solicitudes de baixa temporal presentaranse pola Secretaría Virtual e deberá acreditarse documentalmente a causa ou causas alegadas. A CAPD deberá emitir informe con carácter previo á resolución de concesión ou denegación. Os efectos da baixa só poderán retrotraerse á data en que foi solicitada, sen que en ningún caso se admitan baixas retroactivas a cursos anteriores.

Durante un período de baixa as actividades desenvolvidas polo doutorando/a non poderán incluírse no seu documento de actividades. Ademais, non terá consideración de estudante matriculado para os efectos de dereito á tutela de tese e non disporá de acceso aos recursos da USC nin de cobertura do correspondente seguro.

Solicitude do doutorando/a a través da secretaría virtual

  • Ir a Consulta Expediente Doutoramento RD 99/2011
     
  • Ir a Tramo de alta/baixa asociado
     
  • Logo “Prema aquí para xestionar as altas e baixas”
     
  • Premer en “engadir solicitude”

No caso de baixas por razóns de enfermidade, embarazo ou calquera outra causa prevista na normativa laboral vixente. Despois de realizar a solicitude pola súa SV debe:

  • Enviar por e-mail a doutoramento [at] usc.gal (doutoramento[at]usc[dot]gal) a documentación xustificativa correspondente
     
  • A solicitude recíbese no Servizo de Xestión Académica e compróbase se está todo correcto. No caso de non estalo requirirase ao doutorando/a para que emende a súa solicitude.
     
  • Dende o Dende o Servizo de Xestión Académica farase a correspondente Resolución (de concesión ou denegación da baixa temporal).

No caso de baixas a petición propia, a solicitude debe estará avalada polo seu director/a de tese. Despois de realizar a solicitude pola súa SV, debe:

  • Enviar por e-mail ao buzón do programa unha solicitude (segundo modelo) onde o doutorando/a ten que alegar os motivos para a concesión da baixa.
     
  • A Comisión Académica do seu programa de doutoramento resolverá a concesión ou non da mesma na propia aplicación informática.
     
  • Estas baixas non poden ter carácter retroactivo fronte a data da solicitude.

As baixas definitivas poden ser de carácter administrativo ou de carácter académico.

Son causas de baixa definitiva de carácter administrativo as seguintes:

  • Non realizar a matrícula anual nun curso académico.
     
  • Non realizar a matrícula despois dun período de baixa.
     
  • Non ter presentado o plan de investigación nos prazos establecidos.
     
  • Non ter superados os complementos de formación nos prazos marcados.
     
  • A petición do doutorando/a sen que concorra ningunha das causas de baixa definitiva de carácter académico.
     
  • A anulación ou arquivamento da matrícula.
     

Son causas de baixa definitiva de carácter académico as seguintes:

  • Ter un informe anual negativos definitivo, entendéndose por definitivo ter un informe definitivo negativo e ter a usa revisión no prazo máximo de seis meses tamén negativa.
     
  • O rexeitamento definitivo do plan de investigación ou do plan de formación, entendéndose por isto un plan de investigación e formación rexeitado e un segundo rexeitamento pasado o prazo marcado pola CAPD para a presentación e aprobación dun novo Plan. 
     
  • Non ter superada a defensa da tese nos prazos establecidos.

Ante calquera baixa definitiva, o doutorando/a afectado poderá solicitar, por unha única vez e nun curso académico posterior, a matrícula noutro programa de doutoramento diferente na USC para desenvolver un novo plan de investigación/proxecto de tese, logo de autorización da EDIUS.

A matrícula no mesmo programa só será posible cando derive dunha baixa de carácter administrativo, por unha única vez, e tres cursos académicos despois de terse producido a antedita baixa. Esta nova matrícula implica a anulación de todas as actuacións do expediente anterior.

No caso de cambio de programa de doutoramento, ou de solicitude de admisión noutro programa da USC, o estudante deberá facer previamente unha solicitude por escrito á Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS).

O Reitor/a ditará resolución de baixa definitiva do programa contra a que poderá presentar recurso potestativo de reposición, a través da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR).